Tarefa 3.Caducidade dos productos.

.A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA.

Laura Rodríguez Paz

Antes de comezar con este artigo de opinión formularémonos a principal pregunta: 

A obsolescencia programada trátase da programación de tempo ou de número de usos dun produto para que este deixe de funcionar nun período de tempo determinado previamente. Por exemplo, un frigorífico só poda utilizarse 15 anos ou unha impresora que despois de imprimir dez mil copias deixe de funcionar.                            

                                       15 anos                           10.000 copias
Esta planificación tecnolóxica é utilizada por moitas empresas actuais co fin de máximos beneficios, posto que, canto menos dure un produto, antes necesitaráse a compra doutro, tendo esta opción os seus contras.                               sicarpv money precio cotizacion cotiza GIF

Aínda que moitas sociedades utilizan este método, algunhas seguen fieis á fabricación de produtos duradeiros, aumentando así a súa calidade e podendo aumentar os prezos dos seus produtos.

Pode ser que o primeiro método sexa máis eficaz posto que, a diferenza da práctica sen obsolescencia programada, véndense moitos máis produtos, e, polo tanto, mellórase a produtividade desa entidade.

Pese a que é unha gran maneira de obter altos beneficios, non me parece xusto, xa que, moita xente non pode permitirse comprar artículos cada curtos períodos de tempo.
                                 
Por outra banda, no ámbito económico, paréceme correcto porque senón iríanse a pique moitas empresas como por exemplo de electrodomésticos, posto que venderían menos cantidade ou, que é o mesmo, gañarían menos diñeiro.

Expoñendo a idea desta obsolescencia programada dende os dous puntos de vista: Dos consumidores e das empresas. Quero aclarar tamén que non é o mesmo un obxecto que podamos renovar nun período de tempo curto polo noso interese, xa sexa modernizalo ou cambialo por un que funcione mellor, por exemplo un móbil ou unha tablet, que un que sexa máis difícil de renovar ou ben polo seu alto prezo ou ben porque a persoa considera innecesario cambialo, por exemplo un coche ou una lavadora.


 Outro dos seus contras é o desaproveitamento dos recursos posto que non son utilizados o 100%  pola existencia desta programación.

Ao non utilizar este método non estamos, por dicilo de algunha maneira, reutilizando os recursos dos que dispoñemos. 




 
 
 
 En conclusión, a obsolescencia programada ten, como todo, os seus pros e contras dependendo do punto de vista de cada un.
 
 
 
 
Aquí podedes consultar para atopar outros beneficios desta obsolescencia, e neste desvantaxes.






















Comentarios

Publicacións populares